terça-feira, 8 de novembro de 2011

Comunicado das FARC-EP sobre a morte do comandante Alfonso Cano




Comunicado das FARC-EP sobre morte do comandante Alfonso Cano
06/11/2011

Declaración Pública
Escoitamos da oligarquía colombiana e os seus xenerais o anuncio oficial da morte do Camarada e Comandante Alfonso Cano. Resoan aínda as súas alegres gargalladas e os seus brindes de entusiasmo. Todas as voces do sistema coinciden en que isto significa a fin da loita guerrilleira en Colombia.


A única realidade que simboliza a queda en combate do camarada Alfonso Cano é a inmortal resistencia do pobo colombiano, que prefire morrer antes que vivir de xeonllos mendigando. A historia das loitas deste pobo está inzada de mártires, de mulleres e homes que endexamais se renderon na procura da igualdade e xustiza.
Non será esta a primeira vez que os oprimidos e explotados de Colombia choran un dos seus grandes dirixentes.


Nin tampouco a primeira en que o substituirán coa coraxe e a convicción absoluta na vitoria. A paz en Colombia non nacerá de ningunha desmobilización guerrilleira, senón da abolición definitiva das causas que deron nacemento ao alzamento. Hai unha política trazada e esa é a que se continuará.


Morreu o Camarada e Comandante Alfonso Cano. Caeu o máis fervente convencido da necesidade da solución política e da paz.

Viva a memoria do comandante Alfonso Cano!
Secretariado do Estado Maior Central das FARC-EP.
Montañas de Colombia, 5 de novembro de 2011.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Por favor nâo use mensagens ofensivas.